Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Parador de Vilalba organiza unha xornada de portas abertas o 11

Por 9 Decembro, 2018Sin comentarios

O Parador de Vilalba veelbrará o día 11 de decembro unha xornada de portas abertas para conmemorar os seus 90 anos de historia.

Os actos darán comezo ás 11.30 horas cando comezarán as visitas que se realizarán en grupos reducidos para percorrer as instalacións.

A visita finalizará cuns aperitivos e o visionado do vídeo do aniversario. Ademais, o Paradar gardará unha cápsula do tempo na que contarán coa participación dos asistentes e abrirase o espazo gastronómico Enxebre.

Os interesados en participar deberán anotarse no correo vilalba@parador.es ou no teléfono 982 510 011.