Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba Aberta reclama mellor iluminación nas pistas de atletismo da Magdalena

Por 11 Decembro, 2018Sin comentarios

A escasos días da celebración do último Pleno Ordinario, Vilalba Aberta vén de anunciar unha nova iniciativa a defender xa na vindeira sesión de xaneiro. Unha nova reivindicación veciñal, recollida de xeito inmediato pola formación, relativa neste caso ás deficiencias na iluminación das pistas de atletismo da Magdalena.

Á problemática, denunciada recentemente pola Escola de Triatlón de Vilalba, súmaselle a que ten que ver coa accesibilidade. Unha deficiencia engadida e que, dende Vilalba Aberta, exemplifican na necesidade da pertinente solicitude da apertura dunha segunda porta, en tanto que a que os usuarios atopan día a día aberta non está habilitada para o paso de persoas dependentes.

A este respecto, dende a formación cualifican así mesmo de “intolerable” o feito de que o alcalde incumprira o seu compromiso coa Escola diante dunha situación que hai exactamente 6 meses o rexedor definía de “terceiro mundista”.

Neste senso a iniciativa, a fin dunha actuación “áxil á par que integral” por parte do Concello, diante dunha realidade que dende Vilalba Aberta vinculan á máis completa “desidia e indiferenza” dun equipo de Goberno máis interesado na “política da foto” que na da solución das problemáticas que lle afectan ao conxunto da súa veciñanza.