Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz acolle unha serie de charlas sobre recollida separada de aceite usado

Por 12 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz coa colaboración de Foresin, impartirá unhas xornadas divulgativas sobre o proxecto Aceto, deseñado para a recollida separada e reciclado do aceite de cociña usado.

As charlas comezarán o día 12 na Escola Habanera de 18:00 a 20:00.

A seguinte xornada será o xoves 13, de 18:00 a 20:00 horas, no CIT de Parga.

O 19 os intresados en asistir recibirán a formación no colexio Santo Estevo, de 9:30 a 11:00 e, de 18:00 a 20:00, na escola de Mariz.

O xoves 20 de 14:30 a 15:45 estarán no IES Poeta Díaz Castro, e de 18:00 a 20:00 na Escola da Ventisca do Buriz.

O día 21 serán de 12 a 14:00 no CEIP Plurilingue Lagostelle.