Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol aproba o maior orzamento da súa historia con 3,7 millóns de euros

Por 13 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol aprobou no último pleno os seus orzamentos para o vindeiro ano que o alcalde, José Ángel Santos, cualificou de “ambiciosos no ámbito da partida destinada a investimento, son uns orzamentos moi estudados e rigorosos, todo iso en beneficio dos veciños de Friol”.

O orzamento municipal para o exercicio de 2019, ascende no seu estado de ingresos a 3.700.000 euros, e no de gastos a 3.688.265 euros, cun superávit inicial de 11.734,80 euros.

Segundo explica o alcalde, a presión fiscal non se incrementa en relación coas taxas de suministro de auga ou cemiterio municipal, alcantarillado, postos de feiras ou uso das piscinas municipais. Tampouco o prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio e do punto de atención á infancia.

Os tipos impositivos establecidos nas vixentes ordenanzas municipais para o cobro do IBI urbán, rústico, de bens de características especiais e do imposto sobre vehículos de tracción mecánica tampouco se incrementan.

En relación co IBI rústico, bonifícase co máximo que permite a lei, un 95%, a cota íntegra do imposto daqueles inmobles nos que estean situadas únicamente construcións nas que se desenvolva total e exclusivamente actividades económicas agrarias ou gandeiras, claramente en apoio do sector primario, un dos alicerces máis importantes da economía do municipio. Esta bonificación xa chega a 8.283 parcelas no término municipal. Poderán continuar solicitando esta bonificación todos aqueles veciños que teñan dereito á mesma.

Non están previstos pasivos financeiros, isto quere dicir que este ano non recurrirán ao crédito para afrontar a execución da totalidade deste orzamento, co fin de manter unha economía municipal saneada.

Neste plan de gastos atópanse como novidade subvencións á natalidade, subvencionando con 600 euros por nacemento ou adopción, como tamén se axudará coa metade do custo de permutar leiras entre os  veciños; tamén se inclúe o referente o gasto de persoal, a”s cifras son extremadamente reducidas, tanto é así que ven sendo unha porcentaxe do 23%, posiblemente un dos máis baixos da provincia, damos cobertura ao mantemento en bo estado das vías públicas municipais, dedicando a política de gasto de infraestructuras e gastos correntes con 1.555.081 euros, todo iso representa o 42,16%”, explica.

A promoción da cultura e do deporte dótanse con 700.972 euros. Entre outras moitas actividades tanto culturais como deportivas, entran tamén celebracións como a Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, e o Friulio que tanto éxito e recoñecemento a tiveron nas súas primeiras edicións.

Mención especial para o servizo de axuda a domicilio, dotada cun importe de 464.084 euros, o cal representa máis do 13% do orzamento, cun incremento con respecto ao ano 2018 duns 70.000 euros.
“Aínda que non está rematada a liquidación do exercicio do 2018, estímase que terán uns 971.000 euros de remanente, cuantía que se poderá usar no presente exercicio se fose necesario”, engade Santos.

Ademais, o capítulo de investimentos terá un importante importe, dotado de 1.157.697 euros, unha cantidade histórica e moi importante para un concello pequeno. “Este capítulo pasou de representar no exercicio 2018 o 19% do orzamento ao 31,38% para o próximo ano, algo inédito neste concello”, di o alcalde, que asegura que este capítulo verase incrementado ao longo do exercicio grazas ás xestións que ten en marcha coas diferentes administracións. “Este esforzo económico será favorable para a fixación da poboación como para o desenvolvemento do sector primario mellorando a calidade de vida dos veciños”, remarca.

Segundo o alcalde, o Concello de Friol, incrementou o importe do seu orzamento dende o ano 2016 en 1.003.000 euros, unha cifra nada despreciable e histórica.

Parte desta cantidade é investida no Obradoiro de emprego que xa está en marcha, rehabilitaranse integramente as cubertas dos centros sociais das parroquias de Xiá e Condes, e tamén se levará a cabo a construción dun novo edificio para o espazo colaborativo e tecnolóxico do Concello de Friol, entre outras actuacións.