Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba acollerá un recital poético solidario

Por 14 Decembro, 2018Sin comentarios

Baixo o lema Verso, ¿que traes? Esperanza, o vindeiro venres 21 de decembro a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Vilalba celebrarase o V Recital poético solidario internacional, organizado polo portal dixital Culturalia GZ en colaboración con Cruz Vermella Vilalba e o Concello de Vilalba.

O obxectivo desta cita é recadar a maior cantidade de fondos para a Campaña de Xoguetes Os seu dereitos en xogo, que anualmente leva a cabo a mencionada Cruz Vermella.

As entradas están a disposición das persoas interesadas na Casa da Cultura. O prezo das mesmas será de 5 euros, agás para os nenos até unha idade de 12 anos, cuxa entrada será de balde.

O acto estará presentado por Adolfina Mesa e Martiño Maseda.

Participarán as voces poéticas de Ana Mar Fraga Rábade, Anxo Boán Rodríguez, Asun Blanco, Beatríz Dourado, Branca Villar, Emilia Martínez Fuentes, Jesús Trashorras, José Carlos Ulloa García, Luz Airado Bello, María Xosé Lamas, Montse González Álvarez, Paco Ledo, Pilar Maseda, Toño Nuñez e Xosé Otero Canto.

Tamén haberá un compañamento musical ao piano de Néstor González Lamas.

Ademais disto, solicitouse aos poetas que van recitar a cesión dun libro propio ou doutra autoría como agasallo para as persoas que resulten gañadoras no sorteo final que se fará entre todas as entradas mercadas polos asistentes.