Skip to main content
ActualidadeGuitirizMeiraVilalba

A sorte visitou este ano Vilalba, Guitiriz, Meira, As Pontes e Castro Ribeiras de Lea

Por 22 Decembro, 2018Sin comentarios

A sorte tamén estivo na Chaira no sorteo especial de Nadal deste ano. Aínda que todos estiveron moi repartidos,  varios décimos vendéronse en disferentes localidades chairegas.

Así, do gordo, o 03.347, só se vendeu na capital da Chaira un décimo solto. Este premio está dotado con catro millóns de euros á serie e 400.000 ao décimo. A responsable de levar a sorte a Vilalba foi novamente a administración de lotería ubicada na rúa da Pravia, loterías Alcázar, responsable tamén o ano pasado de repartir máis de 520 millóns. Ademais de Vilalba, na provincia de Lugo houbo gañadores do Gordo tamén en Lugo, Monforte e O Valadouro.

Xa preto do final do sorteo, Castro Ribeiras de Lea tamén figuraba entre as localidades chairegas afortunadas. Casa Carreira vendeu un décimo do terceiro premio, o 04.211, dotado con 500.000 euros á serie e fíxoo por máquina.

Tamén se venderon tres décimos entre Guitiriz en As Pontes dun dos cuartos premios, o 67.774, dotado con 200.000 euros á serie. O Premio tamén foi moi repartido. En Gutiriz foi despachado un décimo na administración da Avenida da Coruña e nas Pontes vendéronse dous na Praza do Hospital. En total, este númnero deixou 20.000 euros en Gutiriz e 40.000 nas Pontes.

Ademais, Meira resultou dobremente afortunada. Levouse un quinto premio, concretamente do número 29.031. Foron seis décimos premiados con 36.000 euros e vendidos por máquina na librería Laurel, ubicada na Praza Maior.

Tamén recaeu nesta vila e no mesmo establecemento o último premio en saír, o 02.308. Este mesmo vendeuse na adminsitración da Rúa do Concello de Guitiriz.