Skip to main content
Actualidade

O BNG quéixase da demora no amaño da pista de Santa Mariña ao Polígono

Por 27 Decembro, 2018Sin comentarios

La imagen puede contener: cielo, árbol, exterior y naturalezaO BNG de Outeiro de Rei acusou ao alcalde de desidia á hora de arranxar a pista que une a localidade de Santa Mariña co plígono industria, obra que solicitaran en 2015. “Non podemos entender que habendo a mesma necesidade hai 3 anos e existindo os recursos económicos para facelo, non se fixo naquel momento e esperouse máis de tres anos para executar unha obra que era totalmente lóxica e necesaria xa daquela”, din.

“Hai que ter en conta que esta pista, que xa estaba aberta co ancho necesario e totalmente afirmada, comunica as parroquias de Cela e Santa Mariña co Polígono Industrial e coas parroquias de Bonxe e Matela, así como coas parroquia que seguen a continuación. Esta pista tamén ten a vantaxe que ofrece unha ruta alternativa para aqueles autobuses ou camións que non poden pasar por debaixo da vía do tren, debido a teima do alcalde de facelo dese xeito e agora impide o paso a bastantes vehículos, ademais de anégase cando chove dun xeito moi intenso”, engaden.

“Dende o BNG cremos que este cambio de criterio do alcalde e proceder a facer a obra que solicitaba o BNG débese probabelmente á presión das veciñas e veciños da zona, que non podían entender como este tramo estaba sen asfalto. Aínda que sabendo como actúa este alcalde, tampouco hai que descartar que responda aos intereses dalgunha empresa das instaladas no polígono, aínda que dado que neste caso coincidiría cos da veciñanza, pois todas e todos contentos”, subliñan.