Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Btteiros de Guitiriz celebrarán o fin de ano cunha ruta

Por 29 Decembro, 2018Sin comentarios

O luns 31 de decembro os Btteiros celebrarán o fin de ano cunha ruta en bicicleta, e ademais servirán un delicioso e tradicional avituallamiento destas festas, como é un chocolate con churros. O trazado escollido para esta ocasión é a Ruta do Muiño da Ruxida, que é a ruta que quedaba pendente xa que na anterior ocasión as condicións meteorolóxicas non foron as propicias.

Dita ruta será ás 10:00 desde o campo da feira de Guitiriz, e o avituallamiento será en Parga sobre ás 12 da mañá.

Para inscribirse haberá que ir ás oficinas do Concello, no club dos BTTeiros, ou gratuitamente chamando ó teléfono 677294822 (Campello)