Skip to main content
Actualidade

Penas de Rodas acolle un curso de restauración de vidro

Por 2 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A asociación cultural Penas de Rodas, con sede na parroquia de Santiago de Gaioso comeza o 10 de xaneiro un curso de restauración e reparación de vidro que terá lugar todos os xoves entre as 19.30 e as 21.30 horas. As clases prolongaranse ata o mes de marzo.

Os interesados en incribirse poden facelo a través dos membros da xunta directiva e tamén chamando directamente aos números de teléfono 649 114 330 e 636 650 633. O prezo da actividade é de dez euros ao mes.