Skip to main content
ActualidadeMuras

Unha veciña de Muras cumpre 101 anos

Por 6 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Consuelo Otero Permu, veciña de Muras, cumpriu estes días 101 anos sendo a veciña máis lonxeva do municipio.

Consuelo naceu en O Freixo, As Pontes, en 1918 e afincouse dende moi pequena en Casateita, Muras. É nai de dúas fillas e foi unha traballadora incansable, que se adicou ao campo, as ovellas e a súa horta.

O día 1 de xaneiro cumpriu 101 anos rodeada da súa familia. Ela mesma afirma que “para chegar a esta idade hai que traballar moito, beber moito café e buscar a paz”. A súa meta é chegar aos 104 anos como o seu avó..