Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Psicoloxicamente

Por 18 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Por Ramón Paz Guntín

Resumindo, tempos pasados e presentes, mirando ou vendo como pasou, pasa e pasará; recorrendo un traxecto xeneralizado, vivido ou por vivir, preventivamente con desexos dun futuro axeitadamente cordial, lonxe de “laberintos” que xorden impensadamente pola inclemencia sinxela que a sociedade amosa xa desde a lactancia materna ou artificial, basicamente derivada do leite das vacas ou similar. Supletoriamente o leite materno non é fácil de substituír, nin hai comparación entre un e outro bioloxicamente, tan necesario e importante para o desenrolo dun conxunto de cambios que experimenta un organismo denominadamente en forma, axeitadamente vital, para unha longa vida apropiadamente natural, segundo e como composta polos ciclos biolóxicos que experimentan os organismos determinadamente propios, para os procesos naturais cualitativos e satisfactoriamente beneficiosos.

O autor do Libro do Xosé, mestre dun alumnado eficaz, expresaba a importancia da natureza, que era, é e sempre será a base primordial da existencia de todo ser vivente, que humanamente xa desde o nacemento ata a puberdade desenvólvese en varias etapas consistentes: a primeira infancia, que son os dous primeiros anos da vida; a segunda infancia, desde os dous ata os seis anos; e a terceira infancia, desde os seis anos ata a puberdade, fase evolutiva comprendida entre a infancia e a adolescencia, fase de cambio global, física e psiquicamente.

O autor do Libro do Xosé, mestre adiantado aos tempos, dicía que o comezo e o final da puberdade era e é diferente pola influencia da meridionalidade e outros factores naturais, psicoloxicamente previos aos aspectos biolóxicos e morfolóxicos da adolescencia. Referenciadamente, adoita ser que a proporción da capacidade reprodutora, psiquicamente portadora de cambios afectivos básicos da personalidade, que xorde en formas propiamente axeitadas dunha moralidade afín. Previamente aos desenvolvementos presensuais que afectan ao organismo psicolóxica e relativamente, aos derivados naturais correspondentes que son a adiposidade nas cadeiras e pernas, con ensanchamento corporal nas nenas, e a gravidade da voz nos nenos.

Aquel mestre autor do Libro do Xosé, metodicamente orientador, sistematicamente ao alumnado transmitía que, basicamente, a forma do ensino e aprendizaxe era e é moi necesaria a propósito dunha atención complexa, e axeitadamente con intelixencia, verdadeiramente eficaz, que soe destacar os principios normativos para esixir un enfoque interdisciplinario que inclúe detalladamente a socioloxía, a filosofía e a antropoloxía didáctica e psicolóxica, propiamente disciplinar. Concretamente, a psicoloxía da aprendizaxe escolar, xeradora evolutiva, foi, é e será a base primordial de coñecementos afíns para comprender e explicar procesos de cambios intelectuais básicos no ensino correspondente, onde as clásicas aportacións psicolóxicas xorden en forma, para destacar o nivel de desenrolo, plans de organización mental estruturadamente intelixentes para condicionar as posibilidades dunha aprendizaxe convenientemente axeitada aos coñecementos da lectura e interpretación, realmente importantes; para considerar aspectos propiamente derivados das aprendizaxes dunha experiencia educativa digna de mención.

O ensino básico, intelectualmente, deberá ser afectivo e cordial, para que o alumnado se estimule axeitadamente unha miguiña máis. O ensino básico deberá ser significativamente eficaz, en forma dun desenrolo ambicioso tan necesario como o pan para a boca, psicoloxicamente natural, para expresar que todo o ben aprendido xamais se olvidará, para motivar estratexicamente procesos de investigación en tódolos acontecementos correspondentes, pasados, presentes e futuros, en formas regularizadas. Xuntanzas que experimentalmente sempre e máis despois foron, son e serán axeitadamente básicas, segundo e como o destino será a causa derivada das circunstancias xurdidas, dependendo de como os acontecementos se desenrolen…

Vivir para ver; é o desexo que cada quen recomenda, e seguirá recomendando a todos e todas…