Skip to main content
Actualidade

A Deputación mellora a rúa que dá aceso ao mercado gandeiro de Castro de Rei

Por 22 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, supervisou o resultado dos traballos executados na rúa Xosé Trapero Pardo, en Castro Ribeiras de Lea, aos que a Deputación achegou 175.000 euros. É unha actuación moi importante para a economía local, pois da conecta o centro da vila co mercado gandeiro, ademais de dar acceso a vivendas e locais comerciais.

Santos Ramos destacou que se trata dunha obra coa que se reforza un dos principais motores económicos do Concello pois a estrada mellorada une o centro da vila co mercado gandeiro, que xera un volume de negocio medio de 65.000 euros á semana, o que da mostra da importancia desta actuación.

“A mellora desta rúa é un beneficio directo para un sector clave na provincia como é o gandeiro, que precisa de investimentos, tamén en infraestruturas e vías para facilitar a súa labor, e que poidan continuar creando riqueza e emprego” sinalou Santos Ramos.

O Deputado informou que a rúa conta tamén con outros servizos como peluquerías, talleres de carpintería metálica, pneumáticos… así como numerosas vivendas. Ademais serve de enlace máis directo entre o centro da vila e Feira do Monte, capitalidade de Cospeito, pola LU-P-1706.

Os traballos executados consistiron no ensanchado, afirmado e pavimentación da rúa, así como a instalación de sumidoiros para recoller a augas. Tamén se realizaron traballos de mellora da seguridade coa renovación da sinalización horizontal e vertical, pois anteriormente non existía unha delimitación entre os carrís e beiravías.