Skip to main content
ActualidadeVilalba

Os socialistas de Vilalba urxen a solicitar unha subvención para humanizar a avenida Terra Chá

Por 25 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista vén de facer una proposta ao goberno local do Partido Popular para abordar a humanización da Avenida Terra Chá. O PSOE alenta aos populares a que inicien os trámites de solicitude da subvención anunciada esta semana polo Executivo galego. A Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinada á mellora das infraestruturas nos concellos con poboación inferior a 50.000 habitantes para o 2019, contempla medidas específicas para a humanización de rúas e espazos públicos.

Neste senso, a oposición socialista fixo una crítica nas últimas semanas á xestión que o goberno Baamonde levou a cabo neste convenio, firmando o proxecto por una cantidade moi inferior á inicial: 650.000 euros fronte ao máis de un millón de euros que se tiña contemplado nun principio. Deste xeito, a obra limitarase só a un tramo e a escasa planificación deixa fóra una posible humanización que “pedimos cun plus de 200.000 euros que agora, solicitando esta subvención, poderiamos aproveitar para mellorar e acondicionar esta zona”, subliñou a voceira das socialistas, Elba Veleiro.

Nesta liña, “pedimos que Baamonde actúe con responsabilidade ao terlle proposto esta oportunidade”, subliña Veleiro, “pois é habitual que perdan ou desaproveiten reiteradamente este tipo de ocasións que serían proveitosas para a veciñanza”. Así mesmo destacan que “teña que ser a oposición quen faga o traballo de goberno ante un baleiro que cada vez se fai máis evidente”.

A concesión desta subvención suporía poder afondar en actuacións de humanización que indican dúas vertentes. A primeira, aumentar a superficie do espazo público para uso das persoas, e a segunda, dotar de redes de servizos urbanos (alumeado público, soterrado de cableados de telefonía e electricidade, etc.), reforma ou formación de beirarrúas e, en definitiva, obras que melloren a utilización polas persoas dos espazos públicos.