Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade crea dúas bolsas de emprego para o posto de arquitecto e os de auxiliares administrativos

Por 31 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Xermade vén de anunciar a formación dunha bolsa de emprego para a provisión do posto de arquitecto municipal. Para isto realizarase un proceso selectivo mediante oposición libre, para un posto de traballo como funcionario interino.

A bolsa de emprego fórmase para a contratación de persoal cando se produza unha vacante temporal do titular, a substitución por baixas médicas ou similares, para a execución de proxectos temporais ou por acumulación de tarefas.

O posto está encadrado a escala de Administración Especial, como técnico do grupo A1.

A presentación de instancias pode facerse ata o día 5 de febreiro.

Así mesmo, o concello está a crear tamén unha listaxe para administrativos que tamén se fará con oposición libre coa mesma intención de cobertura temporal dos titulares das prazas así como postos engadidos.

Os aspirantes a estes postos temporais deberán ocuparse  do tratamento e reprodución de textos, documentos e datos, despacho de correspondencia, atención ao público, tramitación de procedementos administrativos regrados baixo a dirección dun superior ademais doutras funcións relacionadas co posto de traballo que lle sexan encomendadas polo seu superior.

Como no caso anterior, a presentación de instancias pode facerse ata o día 5 de febreiro.