Skip to main content
A PastorizaActualidade

Unha aplicacion xestionará as reservas da pista de pádel da Pastoriza

Por 1 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello da Pastoriza vén de poñer en marcha unha nova aplicación para a reserva de uso das pistas de pádel, ubicadas   ao lado do colexio, do pavillón e das pistas cubertas exteriores na capitalidade do municipio.

Esta nova infraestrutura realizada dentro das pistas multideporte, foi unha instalación deportiva moi demandada que completou a oferta existente no concello e o abano de deportes que se poden practicar no concello sen ter que desprazarse, tal e como indica a tenente de alcalde do Concello, Elva Carrera, que di que “o Concello da Pastoriza é un referente en práctica deportiva polo número de instalacións actuais, ás que se suman unha pista de kárting e unha piscina climatizada que se porá en marcha este ano”.

A pista de pádel conta con 235 metros cadrados, vai cuberta con panel sandwich en chapa de aceiro combinada con paneis traslúcidos, pechada en vidro templado e maia galvanizada. Contará tamén con control dixital de acceso e pavimento poroso.

A reserva das pistas pode facerse a través da aplicación: https://reservarpistas.com/