Skip to main content
ActualidadeVilalba

500 escolares participaron en Vilalba no Campionato Provincial de Campo a Través

Por 4 Febreiro, 2019Sin comentarios

Preto de 500 escolares déronse cita en Vilalba para participar no Campionato Provincial de Campo a Través do programa Xogade. A entrega de premios, que tivo lugar a última hora no estadio municipal de fútbol da Madalena, acolleu a saída e a meta das probas e as carreiras discorreron pola contorna, nun campo anexo ao estadio.

Participaron no campionato 27 clubs, escolas deportivas municipais e equipos de centros educativos de distintos concellos da provincia, en concreto nove da Mariña, sete da Terra Chá, outros tantos de Lugo, e catro de Lemos. Os deportistas realizaron circuítos de distinta intensidade, que oscilaron entre os 750 metros de distancia par aos benxamíns e os 3.900 metros para os cadetes.

O programa Xogade vai dirixido aos centros de ensino, ANPAs, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións e outra entidades que o desexen. Neste caso, as probas contaron coa colaboración do concello de Vilalba.

Na provincia de Lugo participan arredor de 15.000 nenos e nenas  neste programa que ofrece 14 modalidades deportivas diferentes: atletismo en pista, badminton, baloncesto, balomán, campo a través, duatlón, fútbol sala, multixogo, natación, orientación, patinaxe, tenis de mesa, voleibol e xadrez.