Skip to main content
Actualidade

A Goberno central anuncia o reforzo do firme da A-6 ao seu paso por Lugo

Por 4 Febreiro, 2019Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que o Goberno ultima a redacción dun proxecto de reforzo con rodadura de firme drenante na autovía A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo. Faino tras unha serie de parcheos executados na primavera de 2018 e que derivan en escasa adherencia cando chove. Deste xeito a subdelegada lamentouse que estes problemas de seguridade da A-6 derivan das obras do anterior goberno.

“Os profesionais da Rede de Estradas do Estado traballan na mellora continua da seguridade das vías galegas. Tras realizar varios investimentos neste sentido, o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 engade outros 4 millóns de euros para este capítulo, aos que haberá que sumar outras partidas extraordinarias derivadas das necesidades que xurdan ao longo do exercicio”, indicou.

Segundo indicou a subdelegada tralas actuacións da primavera de 2018 estanse a producir baches e roturas do firme que derivan en problemas de perigosidade. Indicou que “os traballos fixéronse con drenante en parche, que xera puntuais situacións indesexables con choiva intensa e, por iste motivo, agora traballamos para mellorar a vía”.

Na actualidade, o Ministerio ultima a redacción dun proxecto que abarca toda a A-6 en Lugo. Iste inclúe rodadura de firme drenante, co obxectivo de eliminar as situacións puntuales indesables.