Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz quere crear unha Área de Rehabilitación Intregal

Por 4 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz quere crear unha Área de Rehabilitación Intregal ou Ari, que comprendería catro zonas de O Buriz e Os Vilares e constaría dunha superficie duns 373.000 metros cadrados.

Esta Ari xurdiu para axudar á asociación Xermolos a rehabilitar a casa natal de Díaz Castro. A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín prevé levar este mes ao pleno ordinario esta iniciativa, convencida de que serviría para dar continuidade a traballos xa executados tanto na aldea de O Vilariño como na súa contorna. Así, recorda a recuperación dun alpendre como Centro de Interpretación de Díaz Castro e a homologación da Ruta da Pedra de Díaz Castro, que une a súa antiga vivenda ata o campo da festa de Buriz, evento que el menciona nun poema do lugar ao que chegou a ir á escola de pequeno.

Regina Polín recoñece que o Ari é un proceso longo que apenas está dando os seus primeiros pasos, pero cre que podería ser moi bo para dinamizar a zona rural que, ademais de ser o lugar de nacemento do poeta homenaxeado polo Día das Letras Galegas de 2014, e tamén conta con moitos elementos patrimoniales de moito valor.

O documento inicial inclúe zonas de protección dos núcleos vilaregos de O Vilariño, onde se localiza a casa natal do poeta Xosé María Díaz Castro e As Reixas, o epicentro parroquial, así como o Chao do Buriz e Carelo.

A elaboración deste estudo é o paso previo á solicitude da declaración, que debe presentarse no Instituto Galego de Vivenda e Só (IGVS). Si a proposta se admitise habería que crear unha Oficina de Rehabilitación no Concello de Guitiriz, a través da que se tramitarían as solicitudes para ás axudas específicas. Na provincia existen varias áreas de rehabilitación integral, unha delas en Vilalba.