Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilapedre, en Vilalba, terá a súa festa de Entroido o día 2 de marzo

Por 4 Febreiro, 2019Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Vilapedre organizará o sábado 2 de marzo a súa tradicional festa de Entroido, organizada pola asociación de veciños. A celebración arrincará ás 21.00 horas cun concurso de disfraces no transcurso dunha cea.

A organización estableceu catro premios que consistirán en 250 euros para a comparsa gañadora (para grupos de máis de oito persoas). Na categoría de grupos, de entre 4 e 8 persoas, repartirse un único tamén de 150 euros. A parella gañadora recibirá 100 euros e o gañador na categoría individual 50.

A cena terá un prezo de 15 euros por persoa e consistirá en empanada de carne e bonito, liscos, chourizo á parrilla, filloas con mel e café e chupito. Os interesados en participar este evento conxunto terán que inscribirse antes do 25 de febreiro no teléfono 679 212 161 ou no Bar Adro.

A sesión estará amenizada por unha actuación musical aínda sen confirmar e se sorteará entre os asistentes unha cesta.