Skip to main content
Actualidade

Terráchaxa súmase hoxe á celebración do Día dos Medios en Galego

Por 7 Febreiro, 2019Sin comentarios

Dende á Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebraron o Día dos Medios en Galego con todos os que utilizan a lingua galega como vehículo principal de comunicación.

O 7 de febreiro, co gallo da saída da primeira publicación realizada integramente en galego, O Tío Marcos da Portela, hai xa 122 anos, celebramos dende o ano pasado esta data. Un día ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego. Un día que serve de fío condutor para realizar as campañas de sensibilización, e concienciación da necesidade de manter medios que manteñen viva e útil a lingua galega.

O pasado sábado 2, celebrouse en Pontevedra a II Gala do Día dos Medios en Galego, coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento, apoiado por diferentes administracións, que serviu de punto de apoio para o resto de actividades da asociación.

Dita asociación une a máis 80 medios en todos os formatos, radio, prensa impresa, prensa dixital, revistas e TV; e de todos os eidos actualidade, cultura e deportes.

MEDIOS EN GALEGO ACTIVO

40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Amariñaxa, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terrachaxa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.