Skip to main content
ActualidadeVilalba

O domingo será II Liga De Navegación 4X4, que sairá desde Vilalba

Por 8 Febreiro, 2019Sin comentarios

A liga de navegación é un evento deportivo-turístico amateur, de aventura, orientación e fotografía para equipos, non é unha Carreira, Rally ou Raid e está organizado por Club NHD Adventure.

Os equipos estarán compostos por dúas persoas e un vehículo. Os vehículos participantes nesta liga
obligatoriamente serán todoterrenos con tracción 4X4.

A proba trátase da localización por parte dos participantes dunha serie de puntos (Watpoint) por medio dunhas coordenadas UTM nun tempo dado pola organización. A realización deste watpoint, validarase cunha fotografía sacada polos participantes no punto marcado, esta realización suma puntos para o equipo. Non podran nin adiantarse nin atrasarse ao minuto fixado, se isto ocorre, levará unha penalización que restará puntos. A relación dos puntos (Watpoint) a atopar facilitaranse dous minutos antes da hora de saída.
Hai que destacar que o tempo que desde a organización dáse para a localización destes puntos é suficientemente ampla para non ter velocidades elevadas, estando en todo momento vixiadas e penalizadas desde a organización. Obligatoriamente circularán por camiños públicos e respectando en todo momento a todos os usuarios destas vías, do mesmo xeito que o medio ambiente.

A liga constará de catro probas que se celebrarán unha cada dous meses comezando en outubro de 2018 e ata Abril de 2019. As datas destas probas serán publicadas cunha antelación de 15 dias e nesta
ocasión será o dia 10 de febreiro tendo comezo en Vilalba e finalizando nas Pontes de Garcia
Rodriguez.

En relación a esta terceira proba da Liga de Navegación para vehículos 4×4, o Punto de encontro en Vilalba será concretamente na Praza da Constitución ás 9:30h. Ás 10:30h. Comezarán a saír os participantes, con 3 minutos de diferenza entre cada un, tendo que localizar os primeiros puntos. Non existe unha ruta marcada pola que os vehículos teñan que discorrer, e para chegar aos puntos marcados pódese acceder por varias vías públicas, incluso sendo posible que algúns vehículos non
pasen por algún dos puntos.

Os equipos participantes estarán circulando polas vías públicas deste concello ata as 12:18 horas. Os puntos marcados para o súa localización están baseados en dar a coñecer esta zona, tanto desde un punto de vista turístico e paisaxístico, como desde o punto de riqueza medioambiental.

Os horarios provisionales establecidos para esta xornada son:
9:30 Punto de encontro, recibimiento dos participantes e entrega de documentación.
9:35 Verificaciones vehículos e documentacións.
9:55 Briefing e almorzo.
10:28 Primeiro participante en saída e entrega folla de ruta.
10:30 Saída primeiro participante.
13:25 Chegada primeiro equipo participante etapa da mañá.
14:00 Comida.
15:00 Reunión e clasificación provisional.
15:28 Primeiro participante en saída e entrega de folla de ruta.
15:30 Saída primeiro participante etapa da tarde.
19:30 Chegada primeiro participante etapa da tarde.
20:00 Reunión de conclusións e clasificación xeral.