Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Escola Habanera abre unha exposición sobre emigración

Por 9 Febreiro, 2019Sin comentarios

A Escola Habanera acollerá dende o 13 de febreiro ao 10 de marzo unha exposición fotográfica titulada Nós tamén fomos emigrantes, promovida por Abanca Obra Social, Concello de Guitiriz e A fundación obra social Abanca.

A mostra recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española.

Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor.

A mostra poderá visitarse de luns a venres de 11.30 a 14.00 horas, os soves tamén de 17.00 a 19.00 horas e os sábados de 12.00 a 14.00 horas.