Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

O concello de Castro recollerá os plásticos agrícolas do 12 ao 14 de febreiro

Por 11 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei realizará entre o 12 e o 14 de febreiro a recollida de plásticos de procedencia agrícola.

Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 314 034.

Os solicitantes deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito, os plásticos deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga. NO deben levar arames, terra ou area.