Skip to main content
Actualidade

Catro zonas fluviais entran na rede de Praias sen fume

Por 12 Febreiro, 2019Sin comentarios

Catro novas praias fluviais entran a formar parte da Rede de Praias sen Fume, nas que está prohibido o consumo de tabaco como unha forma de respecto a todos os usuarios.

Dende que se puxo en marcha esta iniciativa, en 2012, xa son máis de 79 os arenais con esta restricción, o que supón o 16% das zonas de baño censadas na comunidade.

En 2018 puidéronse incorporar tamén 15 contornas fluviales a esta rede. Nin en praias nin en portos sanciónase, pero si que son cada vez máis as persoas que escollen estes espazos.

Agora as praias incluídas neste listado son Río Ladra en Begonte; Río Azúmara, en Castro de Rei; Río Miño-Xustás, en Cospeito, e Río Miño-Santa Isabel, en Outeiro de Rei.

Baiona, Corcubión e Rianxo contan coa acreditación de ouro, que é o máximo nivel ao que se pode optar, ao declarar todas as praias dun concello libres de tabaco. Tamén creouse unha rede de portos e agora son catro os adheridos a esta iniciativa: Portosín, Portonovo, Ribadeo e Baiona.

Galicia é pionera na creación da primeira rede de praias sen fume, sendo “referente na ampliación de espazos ao aire libre non regulados pola normativa vigente” e exemplo para outras comunidades, como Murcia, que solicitou información da implantación en Galicia. Tamén mostraron o seu interese comunidades como Andalucía e Valencia.