Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

A Casa das Insuas acolle o domingo un novo obradoiro de vimbio

Por 19 Febreiro, 2019Sin comentarios

A Casa das Insuas continuará a próxima fin de semama coas súas actividades, dirixidas pola cesteira Idoia Cuesta. Será concretamente o domingo 24 de febreiro co desenvolvemento do Obradoiro de estructuras de vimbio vivo, un taller práctico para aprender a tallar vimbio vivo e elaborar distintas estructuras.

O horario da actividade será de 10:30 a 14:00 horas, en horario de mañá, e de 16:00 a 20:00 horas, por la tarde. O prezo da actividade será de 35  euros para os Asociación Galega de Custodia do Territorio e de 40 para os non socios. Os interesados en participar poden inscribirse e obter información en casadasinsuas@gmail.com ou no 680560882 (Alba).

A organizacion lembra que os participantes realizarán xuntos un xantar polo que recomendan que se leve comida. Deste xeito, ademais de facer máis amena a xornada optimizarse o tempo do obradoiro.