Skip to main content
ActualidadeVilalba

Os socialistas de Vilalba critican as visitas de carácter electoral dos populares

Por 20 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista critica con dureza a visita realizada aos centros sociocomunitarios de Vilalba por parte da conselleira de Política Social, Fabiola García, o delegado da Xunta na provincia de Lugo, e o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde. O carácter electoral desta visita do que o PSOE denomina “o triunvirato do Partido Popular”, sen contar cos grupos políticos da oposición como parte da corporación municipal, explica o desencontro entre oposición socialista e goberno.

Mais a crítica non se cingue exclusivamente ao acto “puramente político” da visita, senón tamén a que os populares “empreguen o centro sociocomunitario, a unidade de Alzhéimer ou o Centro ocupacional como espazos de promoción electoral trasladando unha idea de caridade propia doutro século”, afirma a voceira dos socialistas, Elba Veleiro. Ademais, “o máis grave de todo isto é que outras localidades como Abadín estiveron a celebrar o décimo aniversario da apertura do centro de día, mentras en Vilalba veñen a facer visitas que tildan e encubren de institucionais presumindo a golpe de titular e fotos das cantidades outorgadas aos diferentes centros”, di Veleiro.

Para as e os edís socialistas na oposición, esta “representación teatral é unha provocación para a veciñanza de Vilalba, que ten diante dos seus ollos como pasan os anos con mentiras e promesas fallidas sobre o centro de día, escoitando da voz do propio alcalde Baamonde que non é preciso un servizo así en Vilalba tendo outras ocpións en concellos da contorna”.

En conclusión, desde o Partido Socialista afirman que “xa quedou máis que claro que o goberno de Baamonde prioriza a política electoral ante a defensa dos intereses das vilalbesas e vilalbeses”.