Skip to main content
Actualidade

O Concello de Castro de Rei mellorará o alumeado público de Castro Ribeiras de Lea

Por 22 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei recibiu unha axuda do IDAE-FEDER para a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público de Castro Ribeiras de Lea, que suporá actuar en 343 puntos de luz existentes, sustituindo as actuais luminarias por unhas de tecnoloxía led máis eficientes, o que disminuirá a potencia pasando de 50’63kw a 18’55kw conseguindo un aforro enerxético do 61% e unha mellor iluminación en zonas públicas.

O importe da actuación, que ten un custe aproximado de 150.000 euros, conta cunha subvención do 80% do custe total que ascende a 117.000 euros, e suporá un importante aforro para as arcas municipais no recibo mensual da luz, á vez que favorecerá unha economía baixa en carbono, reducindo a contaminación e mellorando a calidade do alumeado público.

Igualmente o Concello de Castro de Rei ten en tramitación outra subvención ante o mesmo organismo, a través da Deputación provincial de lugo coa que pretende mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público na vila de castro de rei, que ascende a 25.000 Euros e co que se pretende igualmente reducir o consumo e mellorar a calidade do alumeado público.