Skip to main content
A PastorizaActualidadeCospeito

O I Campionato de Cetraría Tecor Terra Chá contou con 26 participantes

Por 23 Febreiro, 2019Sin comentarios
[Best_Wordpress_Gallery id=”46″ gal_title=”Concurso cetraría”]

O I Campionato de Cetraría Tecor Terra Chá celebrouse con gran afluencia de publico. En total houbo 26 particiantes que puxeron en competición 40 aves rapaces. O campionatato constaba de 5 modalidades, Altanería, Mán por mán, Harris, Azores e Pequenas Aves.

Cabe destacar que había harriseiros de alto nivel como os campións de España nas modalidades de Azores e Harris e os campións galegos en Mán por mán, Harries e Pequenas Aves. O primeiro posto de Altanería foi para Roberto Fagundez Argote e o segundo para Roger Domínguez. En Mán por mán Miguel Vázquez foi o primeiro e o segundo posto foi para Rafael Regos. Na modalidade de Harris o gañador foi Rafael Regos e o segundo Francisco González. En Pequenas Aves houbo unha gañadora, Laura Vázquez , e o segundo posto foi para Evaristo González.  Na proba de Azores o primeiro posto foi para Pedro SanJuan e o segundo para Evaristo González.

Destacaron entre os partipantes, Laura Vázquez de 11 anos, que se proclamou gañadora na proba de Pequenas Aves e ademais gañou durante toda esta tempada todas as probas celebradas en Galicia.

Tamén houbo un voo de exhibición dunha águia real, ademais de varios paxaros que estiveron en exhibición como un buho real, un buho nival, un buho chico ou unha lechuza entre outros dos que puideron desfrutar todos os visitantes.

Esta proba enmarcase nun proxecto do Tecor e co que pretende é que o coto sexa un referente para a práctica de cetraría, que é o único metodo de caza que é patrimonio cultural e inmaterial da humanidade. Este proxecto chega a seu primeiro ano de vida cun total de 18 socios cetreiros no coto e con moitas ganas de continuar.

Desde a directiva queren agradecer a colaboración a Federación Galega de Caza en Lugo, aos Concellos de Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza, a Deputación de Lugo e as empresas colaboradoras Falcóns Galicia e Procegal.