Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Pastoriza acolleu a presentación do novo libro de Enedina Mallada

Por 24 Febreiro, 2019Sin comentarios

A casa da Cultura da Pastoriza acolleu esta semaan a presentación do novo libro da asturiana Enedina Mallada Paniagua La belleza de las pequeñas cosas. O acto foi presentado polo alcalde da localidade, Primitivo Iglesias, e durante a presentación a autora fixo unha sipnose da súa obra, que está baseada en pequenos apuntamentos que ela foi elaborando ao longo dos últimos anos e publicando na prensa astur. Desta experiencia de artigos semanais, fixo unha recompilación nun volume analizando vivencias e situacións aparantemente intrascendentes pero que teñen un fondo calado no sentimento e na conciencia da autora e tamén dos posibles lectores.

A autora escolleu A Pastoriza para a presentación deste libro tras unha conversa co alcalde, que coñecía o contido desta obra. “Foi a través de amigos comúns que eu souben que ela, economista que traballa en proxectos de investigación de formación, viña de publicar esta obra. Estivo disposta a vir aquí e por nós encantados”, explicou Primitivo Iglesias.  Presentación contou con numeroso público que participou nun diálogo moi fluído unha vez rematada a presentación.