Skip to main content
Actualidade

O BNG levará á Deputación a moción en relación á xestión dos parques de bombeiros

Por 26 Febreiro, 2019Sin comentarios

O voceiro do BNG na Deputación anunciou a presentación dunha iniciativa para o Pleno da Corporación Provincial. Xosé Ferreiro explicou que “tratamos de que os servizos que se pagan dende esta deputación non se convertan en chollos para empresas privadas que aplican sobrecustos e empeoran as condicións de traballadores e do servizo ofertado”.

A iniciativa do BNG será para pedirlle ao pleno da deputación de Lugo que se esixan as responsabilidades oportunas sobre os posibles incumprimentos dos contrato por parte das empresas adxudicatarias do consorcio de bombeiros. Ferreiro sinalou a existencia dun informe no que se recollen unha serie de incumprimentos e se cuantifican preto de 200.000 euros, quedando outros moitos sen poder comprobarse, recoñecendo ademais que outras cuestións están xa prescritas ou non foron feitas porque a Deputación non as reclamou.