Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Novas medallas para o club Atletismo Friol

Por 27 Febreiro, 2019Sin comentarios

De novo unha gran actuación do club Atletismo Friol nun Campionato de España. Esta vez foi en Linares, Xaén, onde tivo lugar o Campionato de España de Cross por clubs e onde tomaba parte de novo o club Atletismo Friol, que lograba un fantástico posto de finalista nesta proba o conseguir o octavo posto na categoría sub 18 femenino.

O equipo formado por Noelia Sánchez, Lucía Varela, Nerea Lage e Vanesa Blanco entraban no citado oitavo posto o finalizar cun total de 230 puntos. Noelia era a mellor clasificada a nivel individual o finalizar no decimoctavo posto, mentras que Lucía Varela entraba no posto 34, Nerea Lage no 42 e Vanesa Blanco no 136.

Tamén o pasado sábado 23 de febreiro disputouse en Ourense o Campionato Galego de pista cuberta para as categorías sub 18 e sub 20, e onde os representantes do club Atletismo Friol lograron un total de 3 medallas.

Unha gran actuación de María Carballido, que lograba gañar a medalla de ouro na distancia dos 800 metros lisos cun tempo de 2.21 minutos, mentras que na proba dos 400 metros lisos facíase ca medalla de bronce cunha MMP de 59.54 segundos.

Pola súa parte, Samuel Castedo lograba tamén a medalla de bronce na proba de salto de altura cun mellor rexistro de 1.73 metros, mentras o seu compañeiro Alejandro Fernández era quinto cun salto de 1.67.

Tamén Ourense foi escenario galego para as categorías inferiores e onde houbo representación do Atletismo Friol na figura de Mateo Sánchez, que tomaba parte na proba de salto de altura da categoría sub 12.

Mateo tiña unha extraordinaria actuación, proclamándose subcampeón galego cun mellor salto de 1.22 metros.