Skip to main content
ActualidadeCospeito

As asociacións de Muimenta celebran o martes de Entroido un cocido

Por 1 Marzo, 2019Sin comentarios

As asociacións de Muimenta celebrarán un cocido de Entroido na praza de Muimenta o próximo 5 de marzo a partir das 14.00 horas.

O xantar contará cunha sopa de cocido de primeiro seguido dos produtos típicos dos cocido: lacón, cachola, costela, falda, butelo, chourizo, rabo, patacas, garbanzos e cimos. O postre serán orellas de entroido e se inclúe tamén viño tinto, braco, auga e refresco, café e chupito. O menú terá un prezo de 20 euros agás os nenos de 6 a 10 anos que pagarán a metade. O menores de 5 non pagan.

Esta celebración está organizada polas asociacións Anpa A Granda, Asociación Cultural Aquilio Iglesias Alvariño, Asociación de Empresarios de Muimenta, Xotramu, SD Muimenta e Club de tenis.

O período de inscrición remata o o 28 de febreiro e a recollida dos tickets pode facerse na Mercería Teresa.

Previamente, as asociacións teñen prevista unha feira de entroido e unha ruada de pandereteiras.

Pola tarde os actos continuarán cunha visita dos personaxes Disney, haberá queima do entroido na praza e percorreranse as rúas de Muimenta coa Lenda do Xacio. Tamén haberá xogos e xincanas populares, pintacaras infantís, baile de música galega a cargo de Javier de Guitiriz e sesión de música para todos os públicos.

Todas estas actividades desenvolveranse baixo unha carpa.