Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza pon a funcionar o último tramo da iluminación do polígono

Por 4 Marzo, 2019Sin comentarios

A Pastoriza puxo xa en funcionamento a iluminación do último tramo do acceso ao parque industrial. Unha demanda feita polos veciños usuarios da zona.

Esta obra fíxose en tres etapas, que xa remataron, e faltaba por completar o último treito ata o parque industrial. O orzamento desta obra foi duns 22.000 euros e consistiu na implantación de luminarias LED con sistema de regulación de consumo.

Segundo a programación da iluminación público, as lámparas acenden cunha determinada pootencia pero pasada a medianoite esa potencia redúcese para aforrar consumo e volve ás primeiras horas do día coa finalidade de aforrar gasto e enerxía.

Esta obra era moi demandada porque moita xente utiliza tamén esta zona para pasear e quedaba dende hai tempo un traxecto sen iluminación.