Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade presenta un orzamento de 1,7 millóns de euros

Por 4 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Rábade terá este ano un orzamento de 1.738.900 euros, dos que máis de 270.000 euros adicaranse a investimentos reais, o que supón o 15% do total.

O goberno bipartito sacou as contas ás que tildou de “reais e axustadas” e que son similares a outros anos. Os populares rabadenses votaron en contra xa que consideran que están desequilibrados. En concreto no capítulo de gastos máis da metade do orzamento adicanse a gastos correntes en bens e servizos, uns 940.521 euros, e 481.000 son para gastos de persoal.

A partida de gastos de persoal viuse afectada con respecto ao 2018 xa que o pasado ano asumiron a xestión do taller de emprego. Ademais o Concello prevé pavimentar estradas municipais con máis de 140.000 euros, dos cales 121.000 corresponden á Deputación de Lugo. Ademais, investiranse 25.000 euros en iluminación pública e outros 49.000 euros na reposición de camiños e outras infraestruturas. Os orzamentos contemplan ademais unha partida de 24.600 euros adicada a subvencións para entidades locais.

No apartado de ingresos destacan 705.000 euros para transferencias correntes, 490.000 euros para impostos directos e un total de 341.000 euros para taxas e prezos públicos.