Skip to main content
Actualidade

Rematan as obras de ampliación no Ceip Laverde Ruíz

Por 4 Marzo, 2019Sin comentarios

O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Laverde Ruíz, de Outeiro de Rei, rematou as obras de ampliación e incorporou o mobiliario, equipamento e servizos que permitiron que neste momento xa estea plenamente operativa a segunda planta e os novos espazos gañados coa actuación.

As obras iniciáronse a finais do mes de xuño de forma que os traballos executáronse durante as vacacións de verán e o equipamento completouse nos últimos meses do 2018.

Neste sentido, cabe subliñar que o volume de matrícula no centro medrou en case un 40% nos últimos sete anos, pasando de 199 alumnos e alumnas no curso 2012-13 (81 en Educación Infantil e 118 en Primaria), aos 277 do curso actual (96 en Educación Infantil e 181 en Primaria). Este aumento fixo necesario unha ampliación no 2014 con tres novas aulas polo que foi necesaria a construción desta nova planta para habilitar oito aulas máis así como despachos e aseos nunha superficie de 806 metros cadrados.

A cuberta foi demolida e reconstruída cunha nova formulación sobre o patio interior, sobreelevada sobre os espazos educativos xerando un lucernario perimetral que evita que se reduza a iluminación na zona central. Ao mesmo tempo, os ventanais de peche dos corredores cara ao patio substituíronse por varandas, creando un espazo comunicado e aberto.

O proxecto incluíu tamén reordenar os espazos na planta baixa, para ampliar o corredor que conduce ao polideportivo e zonas de xogo, incorporar unha baixada ao exterior con escaleira e rampla adaptada, reorganizar os aseos e ampliar a sala de profesores.

Finalmente, incrementáronse as medidas de protección contra incendios, (construción dunha escaleira exterior de seguridade e bocas de incendio equipadas en cada planta e no exterior) e, entre o novo equipamento, instalouse unha nova caldeira de gasóleo, procurando un mellor control e rendemento do sistema,