Skip to main content
ActualidadeXermade

Cabreiros acolle unha charla e unha cea para conmemorar o Día da Muller

Por 7 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello conmemorará o Día da Muller o sábado 9 de marzo cunha xornada que dará comezo ás 21.00 horas no local da asociación de veciños de Cabreiros. A primera acción será unha charla co título Por que as mulleres no rural paramos o 8 de marzo?, que estará a cargo de Rosa Arcos, presidenta de Fademur Galicia (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia).

A continuación terá lugar unha cea, a cargo do restaurante O paso, de Candamil. A xornada rematará cunha actuación musical a cargo do Dúo Estrellas e un sorteo de agasallos. O prazo para inscribirse para a cea remata o 6 de marzo. Ten un prezo de 15 euros.