Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Os socialistas instan á Xunta a que protexan o xacemento arqueolóxico de Monte de Verín

Por 9 Marzo, 2019Sin comentarios

Concepción Burgo, portavoz de Cultura do Grupo Socialista, presentou unha pregunta en Comisión para pedirlle á Xunta que protexa  catro xacementos arqueolóxicos romanos do século I a.C. atopados en Lugo e Ourense polo grupo de investigadores da USC Romanarmy  perante a posibilidade de que unha reforestación do monte deteriore parcial ou totalmente un dos xacementos.

Burgo explicou que esta reforestación supón un “perigo real”, xa que “non sería a primeira vez que por unha reforestación do monte se destrúen xacementos arqueolóxicos” facendo referencia á destrución duns xacementos na fronteira entre Lugo e O Bierzo.

Polo tanto, a deputada fixo fincapé en que o xacemento en perigo, o de Penedo dos Lobos que se atopa en Manzaneda, é o máis antigo e relevante. Burgo explicou que “é un campamento temporal, os cales non se atopan en Galicia, e pertence á época da invasión dos romanos en Gallaecia e as guerras cántabras, unha época da que existen moi poucos xacementos en Galicia”.

A deputada socialista levou á Comisión os descubrimentos arqueolóxicos de Romanarmy e puxo de relevo a importancia de cada un dos xacementos. Explicou así que estes foron atopados respectivamente en A Penaparda (no concello de A Fonsagrada), Monte de Verín (no concello de Pol), Penedo de Lobos (concello de Manzaneda) e en Cabeza de Pau (concello de Petín).

Burgo levou, polo tanto, as demandas do grupo de investigadores da USC para aumentar as prospeccións e as equipas de teledetección e sondeo arqueolóxico, necesarias para protexer os catro xacementos tendo en conta que “corren un serio risco de desaparición”.