Skip to main content
ActualidadeVilalba

O TDM de Vilalba remata a liga cunha derrota

Por 11 Marzo, 2019Sin comentarios

A estas alturas da tempada algunha liga toca seu fin, así en primeira galega, o equipo do Basanta Souto xogou a súa derradeira xornada de liga en Vilalba, perdendo por 4-1 ante o terceiro clasificado, o Breogan Oleiros D.

Con este resultado, o equipo do Tdm Vilalba Basanta Souto finalizou a liga como último clasificado. O equipo que durante toda a primeira volta estivo colocado no medio da táboa, na segunda debido as lesións e baixas dos xogadores viu menguando o seu potencial e os resultados non acompañaron, e caeron ao final da táboa.

En segunda galega o equipo de Limpezas Garcia impúxose por 4-1 ao terceiro clasificado o naron Castro Eiravedra, este equipo suma os seus últimos partidos por vitorias.

En segunda nacional feminina nosas xogadoras desprazáronse a Baña a disputar os seus partidos da quinta concentración, non foron capaces de puntuar en ningún dos catro partidos disputados. Pero si mostran boa progresión para ser o primeiro ano que compiten. Na vindeira xornada soamente competirá o Limpezas Garcia que se despraza o sábado a Coruña para xogar contra o Grumico.