Skip to main content
A PastorizaActualidade

A parroquia da Reigosa, na Pastoriza, celebra as súas festas patronais

Por 15 Marzo, 2019Sin comentarios

A parroquia de Reigosa, na Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Xosé.

As actividades darán comezo o sábado as 13.30 horas coa celebración da misa solemne e procesión, á que seguirá unha sesión vermú a cargo de Punto Clave.

Este mesmo grupo será o encargado da verbena da noite na que a orquestra presentará as súas novas incorporacións e a súa xira 2019.

O domingo a sesión vermú dará comezo ás 13.30 horas e estará a cargo de D’Vicio e se alongará ata o xantar.

A organización lembra que o recinto feira estará cuberto cunha carpa e terá calefacción.