Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade comezou o proceso de baixa no censo

Por 18 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Rábade fixo fronte as críticas do PSOE sobre un posible uso fraudulento do censo Electoral nesta vila que por parte da Oficina do Censo Electoral Provincial detectouse nos meses previos ao peche do período de inscrición no Censo electoral un incremento de altas no referido Censo.

Segundo aclaran, dita circunstancia foi comunicada ao Concello, por dita Oficina, xunto cunha relación individualizada desas altas, os efectos de que por iste, se determinase si esas persoas residían, non residían, ou non se puidese comprobar a residencia, para o cal se otorgaba un prazo de 10 días.

“Feitas as comprobacións polos servicios do Concello, resultou que un número determinado desas persoas ou non residían no Concello, ou non se puido comprobar esa residencia, comunicando o Concello á oficina do Censo Electoral dita circunstancia, por suposto dentro deses 10 días de prazo, asímesmo, como é preceptivo, o Concello procedeu de inmediato a abrir os correspondentes expedientes de Baixa de Oficio das persoas que se atopaban nesas circunstancias”, afirman.

O concello alega que a calificación de “resposta insatisfactoria que se ven utilizando, responde, tal e como dia a lei, o feito de que estes empadroamentos non se puideran comprobar, ou ben se comprobara que non eran reais, nunca porque dende o Concello se desen respostas vagas ou inadecuadas, senon todo o contrario; o único xeito de que a resposta fose satisfactoria, segundo a lei, é respostar que todos esa persoas viven eiquí, ou que deixaran de existir as circunstancias que motivaron o requerimento”.

O concello cominicou que “se está a traballar coa oficina do Censo Electoral en aclarar esta situación, na que o Concello de Rábade é o máximo interesado en resolver. Todas estas actuacions son realizadas dacordo coa Lei Orgánica do Rexime Electoral Xera LO 5/1.985, e coas Instruccións da Xunta Electoral Central e coas Resolucións da Oficina do Censo Electoral.