Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle este venres unha nova edición da súa carreira solidaria en favor de Níxer

Por 21 Marzo, 2019Sin comentarios

Muras acolle este venres unha nova edición da carreira solidaria da campaña de Unicef Gotas para Níxer que está organizada polo CEIP Antía Cal e da súa ANPA.

A carreira arrincará da praza da Galeguidade o 22 de marzo ás 12.00 horas e percorrerá as rúas de Muras. A dificultade da mesma é minima para que podan participar persoas de todas as idades e o seu fin non é competitivo. As carreiras de pingas son unha actividade deportivo-festiva na que pode participar todo o mundo. Os familiares e amigos dos participantes poden patrocinarlles, contribuíndo a reunir máis pingas.

Segundo explican os organziadores, actualmente só o 15% das escolas rurais de Níxer teñen auga potable e as dificultades de acceso afectan ás posibilidades de desenvolvemento de 3 millóns de nenos e nenas en idade escolar.

“Levando auga ás escolas deste enorme país do Sahel logramos dous obxectivos: protexer a saúde dos estudantes e incrementar taxas de matriculación e permanencia na escola. Ademais, as fontes instaladas nos centros educativos benefician a toda a comunidade porque ofrecen un punto próximo de acceso a auga potable que as familias poden usar”, din.