Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Este sábado haberá unha foliada de primavera en Rábade

Por 22 Marzo, 2019Sin comentarios

O 23 de marzo haberá a tradicional Foliada de Primavera no centro sociocultural de Rábade, que estará organizada polo propio Concello e pola asociación cultural e xuvenil Treboada.

Comezará ás 17:00 horas, cun curso de canto e pandeireta a cargo de Javier Feijóo “Chisco”, mestre de Canto Popular da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo e terá un custe de 5 euros. Ás 20:00 horas será a quenda da foliada dos grupos particpantes e ás 22:00 haberá pinchos para todos os asistentes e a esperada foliada aberta.

Para apuntarse haberá que chamar ao 651 15 05 21 ou escribir un correo electrónico a asociacionculturaltreboada@gmail.com.