Skip to main content
Actualidade

As Pontes destina 80.000 euros á roza das estradas municipais

Por 27 Marzo, 2019Sin comentarios

A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou a licitación, por valor de 80.000 euros, da campaña de roza das estradas de titularidade municipal.

Os traballos que se van a centrar, de maneira prioritaria, na limpeza das cunetas, dos caños e obras de drenaxe, teñen como obxectivo evitar a degradación e a deterioración ambiental dos viarios garantindo a visibilidade das sinais e o correcto drenaxe das estradas para aumentar a seguridade viaria en máis de 200 quilómetros de estradas municipais e evitar, ao mesmo tempo, os incendios forestais.

As obras consistirán no perfilado, roza e limpeza, en ambas as marxes, de maleza, herbas e arbustos existentes dentro do dominio público das estradas do municipio das Pontes.

Para estes traballos empregarase dous tractores con rozadoras de brazo articulado así como os medios materiais e humanos necesarios para cubrir os traballos de sinalización e seguridade e saúde.

Nas zonas nas que os equipos mecánicos non poidan acceder para eliminar a vexetación, unha cuadrilla de traballo formada por dous operarios, rozará e limpará os espazos manualmente, utilizando maquinaria lixeira. Tamén procederán, de forma manual,á eliminación de vexetación de muros e bordos.

Dentro desta campaña de roza tamén se contempla a limpeza manual de caños e obras de drenaxe obstruídos pola vexetación ou outro tipo de elementos e inclúese, asemade, a limpeza das arquetas, pozos e areeiros.

Ademais eliminarase todos aqueles elementos estraños que taponen as cunetas, dificultando o paso da auga a través delas. Por outra banda tamén se procederá á limpeza dos sinais verticais para garantir a súa correcta visibilidade, mellorando a seguridade das vías e evitando o risco de accidentes de tráfico.

A través desta campaña de roza nas estradas municipais, o Concello das Pontes tratará de atender as peticións veciñais, mellorando as comunicacións, principalmente, no ámbito rural, para deste xeito contribuír a fixar poboación nas parroquias pontesas e mellorar a calidade de vida de todos as veciñas e veciñas do pobo.

As empresas interesadas poden presentar a súa propostas ata o 8 de abril a través da sede electrónica do Concello das Pontes.