Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade convoca un concurso de contos adicado a Antón Fraguas

Por 29 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Rábade convoca un concurso de contos para todos os nenos e maiores adicado ao autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Antón Fraguas Fraguas.

Concederanse tres premios para cada unha das catro categorías de participación.

As categorías participantes será a de 6 a 9 anos, de 10 a 12 anos, de 13 a 17 e a partir de 18 anos. Para participar deberán entregar o conto nun sobre no Concello, no I.E.S Río Miño ou no Ceip Otero Pedrayo. O prazo de presentación dos traballos finaliza o día 30 de abril.

Os gañadores serán seleccionados por un xurado cualificado e recibirán un diploma e agasallos. Tan só se admitirá un conto por participante. A entrega dos premios terá lugar o xoves 23 de maio no Concello.