Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAMuras

O alcalde de Muras reclama á Xunta protección ante os ataques do lobo

Por 1 Abril, 2019Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, aproveitou a rolda de prensa para anunciar o recoñecemento da Feira do Poldro como de Interese Turístico Galego para reivindicar de novo ante o delegado da Xunta o abandono da Consellería do Medio Rural ante a problemática dos ataques de lobo na comarca.

Segundo explicou o mandatario murés, “agradecemos moitos esta distinción pola que levamos traballando arreod, pero as feiras necesitan animais e no noso caso a situación actual cos ataques da fauna salvaxe poñen trabas ao seu desenvolvemento porque a Feira da Poldro será imposible se non hai animais para celebrala”. Requeixo explicou ao delegado que se mativeron varias reunións coa conselleira pero que non logran ver unha saída á situación actual.

Por isto demandou “o apoio do goberno da Xunta de Galicia en relación ao desamparo ao que están sometidas as gandeirías da zona en canto aos numerosos ataques do lobo”. Manuel Requeixo, tamén se referiu á falta de medidas eficaces para loitar contra o despoboamento no rural.