Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A historiadora Sonia Engroba califica os frescos dos Vilares como únicos en Galicia

Por 4 Abril, 2019Sin comentarios
A historiadora e museóloga Sonia Engroba afirmou no Mestrado avanzado de arquivos, museos e bibliotecas da facultade de humanidades da UDC que unha das pinturas ao fresco das catro que hai na igrexa é única en Galicia e de perderse, desaparecería unha peza patrimonial de grande valor pola súa rareza. Trátase da que representa a imposición da casulla de San Ildefonso.
Representa ao santo de xeonllos mentras dúas virxes mártires impoñen a casulla na cabeza do santo. Manten tamén que ademáis do Mestre de Parga hai outro autos que polo estilo das pinturas podería corresponder a algún dos mestres das pinturas de Santa María de Nogueira de Miño, coñecida como a “Capela Sixtina de Galicia” pola coincidencia de estilo dalgunhas pinturas. Os frescos dos Vilares suman deste xeito aínda máis valor e relevancia histórica e artística dentro da iconografía do patrimonio relixioso galego.
Por outra banda, lembramos que este mes, e coincidindo coa festa da Pascua e a romaría da Virxe dos Desamparados repartiremos centos de dipticos informativos aos feligreses. Tamén lembramos que o párroco Oscar Santiago vai destinar a recadación da romaría aobtratamento das pinturas á espera da campaña de crowfunding que temos previsto comenzar no verán ante onddsinterés das diferentes administracións.