Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol organiza un taller de fotografía en feminino

Por 9 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Friol desenvolverá o día 11 de abril unha charla-taller co título Fotografía e Empoderamento Feminino. Trátase dunha actividade aberta a mulleres de todas as idades, na que compartir espazo tempo e experiencias. A actividade enmarcáse dentro do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero. A actividade terá lugar na Casa do Concello de Friol e cunha duración de tres horas e posteriormente organizarase unha exposición coas fotografías realizadas polas participantes.