Skip to main content
Actualidade

O BTT Castro celebra a súa quedada anual o domingo

Por 10 Abril, 2019Sin comentarios

O club ciclista BTT Castro celebrará o 14 de abril a cuarta edición da súa quedada anual, que leva o nome de Kdd BTTCastro.

A proba consistirá nunha ruta cicloturista polo Concello de Castro de Rei, na case a súa totalidade que non terá carácter competitivo, polo que non será cronometrada. O obxectivo desta actividade será de facer unha excursión á que poda sumarse o maior número de amantes do ciclismo posible.

Por todo isto,  non terá moitas dificultades técnicas e a organización lembra, que non terá asistencia polo que cada un debe estar en condicións de rematar a proba e levar os repostos que considere necesarios (cámara, parches, bomba de aire, etc…).

Os participantes irán todos identificados con dorsais que será obrigatorio colocar nun lugar visible. Hai prazas limitadas, polo que se recomenda a inscrición o antes posible.