Skip to main content
AbadínActualidade

Abadín celebra mañá a Festa da Xuventude

Por 12 Abril, 2019Sin comentarios

Dous rapaces de Abadín organizan a terceira edición da Festa da Xuventude que se celebrará o día 13 de abril e na que haberá música, xogos e un xantar popular.

O acto central desta celebración será un xantar popular. No menú desta comida figuran xamón cocido, polbo, churrasco con criollos, postre, café e chupito. Para os adultos, o prezo do xantar será de 25 euros, mentres que os rapaces de 4 a 10 anos deberán abonar 10 euros. A recollida de tíckets para este xantar debe facerse antes do 7 de abril nos establecementos de Goás, Niza, O Paso, Pulpería Boavista, Regueira e o Claudio en Abadín; Javi en Corvite e Picos en Moncelos.

Previsiblemente, a festa terá o seu inicio ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo da orquestra Paladium, que amenizará tamén o inicio do xantar popular, que estará a cargo de Hermanos Debasa de Vilalba.

Tralo xantar haberá xogos para adultos e pequenos a cargo de Puzzle Animación con toro mecánico e inchables incluídos sen que faltan tamén os sorteos.

Pola noite e como fin de festa haberá dobre sesión de verbena coa actuación das orquestras Palladium e Tania Veiras, gañadora de Recanteiros do Luar.

Tamén haberá cea, a un prezo de dez euros para os que o desexen, con inscrición o mesmo día da festa, e fogos de artificio.

A celebración terá lugar no campo da igrexa e haberá carpa para protexerse das inclemencias do tempo.