Skip to main content
Actualidade

O BNG propón que se conceda a Darío Rivas o título de fillo predilecto de Castro de Rei

Por 23 Abril, 2019Sin comentarios

A voceira do BNG no concello e Castro de Rei,  Digna Lagarón, anunciou que solicitará formalmente o nomeamento de Dario Rivas como fillo predilecto de Castro de Rei. Lagarón sinalou lembrou o traballo feito por Dario Rivas para recuperar a honra das vítimas da represión franquista. Darío Rivas era o fillo de Severino, alcalde de Castro de Rei, asasinado polos falanxistas en 1936. Dario Rivas falecía nesta mesma semana en Bos Aires aos 99 anos de idade. Ademais, dende o BNG, pedirase que se lle adique un espazo nun lugar significado do concello.

“Propoñemos este recoñecemento por que é un xeito de que Castro de Rei lle devolva a Dario Rivas un agradecemeno polo que fixo en memoría dun alcalde do noso consello, democráticamente elixido, que foi asasanido polo fascismo” remarcou Digna Lagarón. O 14 de abril de 2010 Darío Rivas presentaba nun xulgado de Bos Aires una denuncia para que se investigasen os crimes do franquismo. Nove anos daquel paso que supuxo o inicio da querela arxentina contra os crimes do franquismo.

O pai de Dario Rivas, Severino Rivas, levaba tan só tres meses como alcalde de Castro de Rei cando foi apreixado polos falanxistas e asasinado nunha cuneta en Portomarín no ano 1936. Dario Rivas tiña nove anos cando marchou, dende A Coruña, para  Bos Aires. Era o menor de nove irmans. Rivas viviu dende neno na Arxentina pero sempre buscou xustiza para o seu pai.